Nove nenos rusos afectados por radiación gozaron dunha estadía de verán en Ourense

Chernóbil / Imaxe: Galipedia
Iniciativa da asociación Ledicia Cativa co apoio do Concello de Ourense en apoio de cativos afectados pola radiación de Chernóbil.

Ourense, acolleu estes meses de xullo e agosto a 9 nenos, de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos. Os nove nenos foron acollidos por familias ourensás, seis deles pasaron o verán na cidade de Ourense.

Os nenos proceden da rexión de Briansk na localidade de Novozhyblov, unha zona moi próxima a Central ucraína de Chernóbil, contaminada pola radioactividade. O obxectivo do programa de acollida é a recuperación física e sanitaria dos nenos afectados pola radioactividade.

Os dous meses de vacacións permítenlle mellorar substancialmente a súa calidade de vida, alongando ata dous anos a súa esperanza de vida. Ademais do cambio físico notable, existe un enriquecemento interno, xa que coñecen unha nova cultura, unha nova lingua, uns novos costumes e establecen uns fortes vínculos coas familias de acollida.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*