Polo recoñecemento dos títulos das Escolas Oficiais de Idiomas na Unión Europea

Unha importante reclamación das EOI pendente de atender
Unha importante reclamación das EOI pendente de atender
Iniciativa na Plataforma Change.org

“As Escolas Oficiais de Idiomas son centros públicos dependentes dos gobernos das comunidades autónomas e, no caso de Ceuta e Melilla, do Ministerio de Educación. Son os únicos centros públicos de España autorizados para acreditar o coñecemento de linguas estranxeiras e do español e, xunto con outros organismos, recoñecen tamén o dominio das linguas autonómicas.

Os seus títulos son recoñecidos, admitidos e valorados a nivel nacional, pero na Unión Europea unicamente son susceptibles de seren recoñecidos discrecionalmente por estaren expresados en términos do Marco Común Europeo de Referencia, pero non son admitidos de xeito automático para concursos públicos e outros procesos en igualdade de condicións cos emitidos polo British Council, a Alliance Française, o Goethe Institut, o Instituto Cervantes e o resto dos centros adheridos a ALTE (Association of Language Testers in Europe).

Cada ano, milleiros de persoas reciben un título das EEOOII españolas para os niveis A2, B1, B2, C1 ou C2, pero vense desprotexidas cando saen ao estranxeiro en procura de oportunidades laborais ou de ensino pois os seus títulos españois carecen de valor efectivo fóra.

Por iso, solicitamos ao Ministerio de Educación, como representante das consellerías de educación das comunidades autónomas; ao Ministerio de Asuntos Exteriores, como garante dos intereses españois no exterior e responsable dalgúns programas de mobilidade e á Comisión Europea, como organismo supremo da Unión que inicien de xeito urxente as negociacións para habilitar e posibilitar o encaixe e recoñecemento de oficio dos títulos das EEOOII na Unión Europea mediante o ingreso en ALTE (Association of Language Testers of Europe).”

(Petición creada por Asociación de Profesores de Español de Escolas de Idiomas de CyL)

Si queres, podes apoiala asinando na plataforma Change.org

http://www.change.org/p/ministerio-de-educación-por-o-recoñecemento-de-os-títulos-de-as-escolas-oficiais-de-idiomas-de-españa-en-a-unión-europea

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*