Déficit na atención sanitaria a menores: A pediatría necesita máis prazas MIR

A Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap) fai pública a súa “fonda preocupación” polas previsións de déficit de pediatras de Atención Primaria (AP) nos próximos anos, debido á predicible falta de recambio xeracional dos profesionais actuais.

Resulta necesario promover a adecuación das prazas de estudos de Medicina e de formación especializada (MIR) ás estimacións de necesidades da Sanidade Española nos próximos anos para asegurar o mantemento do Sistema Nacional de Saúde (SNS) nos estándares de calidade. Para iso debe terse en conta a situación actual, a previsión de xubilacións e as necesidades do Sistema Nacional de Saúde. Na convocatoria MIR 2013-2014 ofertáronse 402 prazas, das 432 acreditadas, que vendo os datos dispoñibles resultan completamente insuficientes a curto e medio prazo para cubrir o déficit actual e as xubilacións de pediatras que se irán producindo nos próximos anos.

En función da situación actual, a AEPap considera necesario e urxente ofertar a partir deste ano a totalidade das prazas acreditadas para a formación MIR Pediatría e optimizar todos os recursos para incrementar o número de prazas acreditadas aproveitando a capacidade real de formación do SNS, especialmente os recursos de formación dos centros de saúde en atención primaria.

Urxente actuar agora para evitar grave impacto na atención ás familias

Segundo os datos dispoñibles, a ratio media de pacientes por pediatra de AP en 2013 ascendía a 1040 para un número total de 6.387 pediatras de AP. Para axustar o número de pacientes asignados por pediatra a un máximo razoable de 1.000 necesitaríanse actualmente outros 255 pediatras. Doutra banda, tendo en conta que ao redor dun 30 % das prazas de pediatría de atención primaria están actualmente, ocupadas por médicos que non teñen a especialidade en Pediatría, a cobertura de todas as prazas con especialistas en Pediatría, suporía un déficit actual de 2.171 Pediatras de Atención Primaria (PAP) no territorio estatal.

aepap-logo_2En 2015 as dúas especialidades de Atención Primaria, Medicina Familiar e Comunitaria e Pediatría, estarán entre as máis envellecidas, cun 55.4 % e 50.3 % de maiores de 50 anos respectivamente. En concreto prevese unha redución do número total de pediatras (atención especializada e atención primaria) desde 14.139 na data do informe (2011) ata 13.136 en 2.015, 11.782 en 2020 e 10.588 en 2025.

Un efecto derivado dunha poboación profesional tan envellecida é, por outra banda, un previsible aumento de baixas por enfermidade. Non existen datos exactos acerca das necesidades de pediatras para substitucións xeradas por vacacións, días de formación, baixas laborais, etc. Nos últimos anos, as autoridades sanitarias recoñecen que non hai pediatras titulados que poidan levar a cabo estas tarefas. A sobrecarga de traballo dos PAP, por ter que asumir as consultas de compañeiros ausentes é moi elevada.

Flickr: Cheryl
https://www.flickr.com/photos/eraphernalia_vintage/3183267589

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*