II Certame Galego das Artes pola Igualdade de xénero, adicado a Uxía

uxiaO prazo de admisión de poemas está aberto deica o 6 de abril. O concurso está promovido polos concellos de San Sadurniño, As Pontes e A Capela.

Ata o 8 de abril poderán presentarse orixinais ao II Certame Galego das Artes pola Igualdade de Xénero, que nesta segunda edición está dedicado á música e no que se lle rende homenaxe á cantante Uxía Senlle. Todas as obras que se presenten ao concurso deberán estar escritas en galego normativo, ser orixinais e ter unha extensión mínima dun folio e máxima de dous por unha soa cara, ademais da portada. Por suposto, o tema central deberá ser a igualdade entre mulleres e homes.

Hai tres categorías: infantil para participantes de 7 a 11 anos, xuvenil para quen teña entre 12 e 18 e, por último, categoría adulta para maiores de idade. En cada unha delas entregaranse dous premios, compostos por un diploma acreditativo, libros e unha cantidade en metálico: 100 euros para os primeiros premios de cada categoría e 50 para os segundos.

Os textos admitiranse ata as 15 horas do 6 de abril e haberá que envialos por correo certificado á rúa Telleira nº 13, 15320, As Pontes. Os traballos terán que ir nun sobre xenérico co título da obra e a categoría. Dentro del haberá que meter outro sobre pechado cos datos persoais do autor ou autora.

Os premios entregaranse o día 18 a partir das 12 nun acto que terá lugar na Casa do Concello de San Sadurniño coa participación da cantante e escritora á que se lle dedica este segundo certame de ámbito galego. Desde a empresa organizadora, Bolboreta S.C. indican que será obrigatoria a presenza no acto das persoas gañadoras. Pode obterse máis información sobre o certame contactando coa empresa no teléfono 658.065.584, ou ben a través do correo bolboretaanimacion@outlook.es. Na organización do certame colaboran, ademais de San Sadurniño, os concellos das Pontes e A Capela e a editorial Galaxia. Ademais, tamén prestou a súa axuda o pintor Manuel Carballeira, autor do deseño do cartel.

As bases do concurso

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*