Inicio » Actualidade » O centenario das Irmandades da Fala será tema nos 30 anos do Festival da Poesía no Condado

O centenario das Irmandades da Fala será tema nos 30 anos do Festival da Poesía no Condado

festival-poesia-o-condadoOs días 2 e 3 de setembro en Salvaterra de Miño.

A mostra fotográfica ‘Infinito’, de Daniel Pérez, a colección cedida pola Editorial Galaxia dos ‘Debuxos de negros’ de Castelao e os paneis ‘100 anos. Irmandade da Fala de Compostela’, son as exposicións que abren este venres 2 de setembro pola tarde o XXX Festival de Poesía do Condado.

Ás 20:30 horas dará inicio a Noite nas Minas, onde acompañada dun guitarrista recitará a poeta Rochi Nóvoa, dando paso a continuación á cantora Sofía Espiñeira. Será a única actividade de pago no festival (10 euros). À saída vaise servir o tradicional caldo verde e actuarán O Puto Coro do Exército Froilanista e Ronco&foll, e a sesión DJ de Espalda Kemada.

Xa o sábado, entre outros estarán Raquel Castro, co seu libro ‘As terapias da doutora Ledicia’, KNeves no Autoblues Chicago-Fornelos presentando o espectáculo ‘Servizo discrecional’, Antía Otero e Isaac Garabatos, Emma Pedreira, Mário J. Herrero, Rui Spranger, Ana Romaní, Aurora Boreal, Oriana Méndez, Jesús Castro, Manolo Pipas, Lara Dopazo e Antón Blanco. Ademais, Xurxo Martínez vai ler o limiar sobre o Centenario das Irmandades da Fala que escribiu para a antoloxía poética do XXX Festival.

O programa completo na web da SCD Condado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*