Concurso de banda deseñada sobre cambio climático

Concurso de banda deseñada sobre cambio climáticoCertame da ONU que desafía o alumnado a crear un superheroe.

Os cómics son ferramentas efectivas para o ensino porque requiren que os lectores non reciban simplemente información de xeito pasivo, senón que interactúen co texto e as imaxes para construír significados, e esa é a clave da maxia. Palabras e imaxe traballan xuntas!

Baixo esa idea, este certame da ONU, canda Unesco e Unicef, propón ás aulas crear e enviar un superheroe do cambio climático. O prazo de recepción de ideas ábrese o próximo 5 de outubro e remata o 22 de outubro.

Para facelo, a web do proxecto fornece dunha plantilla que permite realizar unha clase arredor da idea do cambio climático ao tempo que o alumnado deseña as súas ideas. En novembro haberá unha votación colectiva en liña e o gañador poderá traballar cun equipo profesional para darlle vida ao seu superheroe nun álbume que se distribuirá despois. No camiño, o estudantado poderá facer conexións entre o cambio climático e a súa vida diaria, aprender e reflexionar sobre como a actividade humana lle afecta ao clima e como o cambio climático afecta o benestar humano e fomentarase a creatividade e a capacidade de sintetizar e expresar solucións.

Aquí toda a información sobre o certame

Tamén podedes descargar e ver en liña aquí outros cómics da ONU sobre diversos temas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*