A vida no límite: “As expedicións Bentart”

Exposición fotográfica no Aquarium Finisterrae sobre o traballo de investigación na AntártidaExposición fotográfica no Aquarium Finisterrae sobre o traballo de investigación na Antártida.

Lugar: Aquarium Finisterrae (A Coruña)
Data
: Do 1 de marzo ao 24 de abril de 2011
Horario: Luns a Venres 10 a 18h00 (o acceso pecha unha hora antes)
Sáb, Dom, festivos e Semana Santa: 11 a 20h00
Prezo: 10€ (4€ reducido*)
* menores de 14, maiores de 65 y Carné Xove

Os fondos mariños do Antártico, como consecuencia do seu illamento, gardan celosamente ecosistemas en gran parte constituídos por unha fauna endémica, cuxa supervivencia dependeu ao longo de millóns de anos da súa capacidade para desenvolver estratexias vitais especialmente adaptadas ao seu frío ámbito.

O proxecto Bentart ten como obxectivo o estudo das comunidades faunísticas que habitan os fondos mariños da Antártida do Oeste. Nos anos 1994 e 1995 desenvolvéronse as dúas primeiras campañas, que tiveron como área de traballo as illas Livingston e Decepción e o estreito de Bransfield ao norte da península Antártica. As outras dúas campañas, realizadas nos anos 2003 e 2006, centráronse no estudo do bentos do afastado e solitario mar de Bellingshausen.

As incógnitas que encerran os ecosistemas bentónicos antárticos son numerosas, e moitas delas aínda non foron resoltas. Cales son os grupos de invertebrados máis abundantes? Como se agrupan? De que condicións ambientais depende a súa densidade e distribución? Intentar achegar algunha luz a estas e outras preguntas son as formulacións do proxecto de investigación Bentart, que se foron concretando e afianzando ao longo dos anos de traballo.

En definitiva, a vida nos fondos mariños antárticos é única e complexa, e pola súa exposición a condicións de vida tan extremas, é dunha gran fraxilidade. O seu interese ecolóxico é excepcional, merecedor de ser preservado o máis inalterado posible para as futuras xeracións.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*