Certame de Poesía María Soliño

XXVII edición desta convocatoria para alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos de grao medio.

A través da Revolta da Freixa, vimos de coñecer da convocatoria da nova edición do certame organizado polo IES María Soliño.
Velaquí as bases:

1-Haberá dúas categorías:

A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo do E.S.O.

B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.

2-Concederanse tres premios en cada categoría

Primeiro premio: 200 euros.

Segundo premio: 100 euros.

Terceiro premio: 50 euros.

3-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega

4-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco

5-Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas

6-Remitiranse ao IES María Soliño (Monte Carrasco, nº 3 / 36940 CANGAS) nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono, centro no que cursa estudos e certificado de estar matriculado no centro

7-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores, da que a organización se reserva todos os dereitos

😯 prazo de entrega rematará o día 14 de Xuño

9-O fallo do xurado farase público no acto da entrega de premios, que terá lugar o 23 de Xuño no IES María Soliño

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*