Separar para recuperar!

Nova entrega didáctica sobre o medio ambiente.

Xa sabemos o grave problema que para o noso planeta representa o lixo. Tamén temos claro como podemos reducir o volume de lixo con xestos sinxelos no noso día a día. O seguinte paso é sermos conscientes de que unha correcta separación do refugallo nos nosos fogares é crucial para que se poida recuperar e reutilizar o máximo posible. Os residuos que non fomos quen de reutilizar aínda poden ser recuperados no tratamento que reciben logo de depositalos nos colectores. Para iso temos que ter en conta unha serie de pautas que son fundamentais para logralo.

Coa colaboración de Sogama achegámosvos unha nova peza didáctica sobre o medio ambiente.

Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:

Velaquí as unidades anteriores que podedes navegar desde as seguintes ligazóns:

Na aula dixital de Botóns

Co curso xa iniciado en Primaria e Secundaria, a nosa aula dixital trae desta volta un novo agasallo da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Coa colaboración desta empresa pública, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, presentámosvos este segundo recurso didáctico adicado desta ao problema do lixo. A ficha pode navegarse directamente desde aquí ou descargarse de balde para usala en calquera outro dispositivo ou formato.

Esta é a terceira entrega dunha serie que comezou co inicio do curso, o pasado 12 de setembro, coa primeira entrega onde na que coñecemos ‘Os tres erres’. Cada quince días, estes e outros personaxes acompañarannos en Botóns para axudarnos a afondar en diversos temas de interese medioambiental: a problemática que representa na actualidade a elevada produción de lixo, as boas prácticas na redución da xeración de residuos urbanos, a separación de refugallos en orixe, a compostaxe doméstica, etc

2 COMENTARIOS

Deixa una resposta a Maxia? Non, reciclaxe! | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*