Do revés: Poemas para nenos

Do revés. Poemas para nenos, de Santiago FreireO segundo poemario de Santiago Freire adicado aos cativos.

Nas súas palabras:

“Este é un disparatado intento de explicar o Universo e a vida. Tiven a desvergonza de poñelo en verso, marabillado polo incesante brillo dos astros e a estupefacción elemental que supón estar vivo. Algúns foron inspirados por nenos e nenas que me contan cousas do seu día a día; outros xurdiron da chistera do ilusionista nada. Só pretendo prender a faísca da alegría, aínda que tamén dispón dun oco para a tristeza, porque ambas son irmás que van collidas da man. Un poema levarache a unha illa perdida no océano do noso interior, onde te agardo. Supoño que quererás saber algunha razón pola que considero que o debes mercar. Non a hai. Iso depende de ti. Abre o libro ao chou. Le uns versos. Se algún che fai sorrir, dareime por satisfeito. Coidado!, debes ver cos ollos do primeiro neno que ergueu a cabeza cara ao firmamento”

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*