Competencias básicas no proxecto Climántica

seminarios sobre o Proxecto ClimánticaSobre os recursos do proxecto Climántica para traballar todas as competencias básicas recollidas nos currículos de Primaria e de ESO.

Véñense celebrando durante o mes de xaneiro unha serie de seminarios sobre o Proxecto Climántica. O director do proxecto, Francisco Sóñora, salientou especialmente na do pasado mércores 11 de xaneiro o videoxogo CLMNTK, de acordo coa súa guía didáctica. Víctor Caamaño, profesor de Bioloxía e Xeoloxía que coordina a aplicación do proxecto Climántica no IES Francisco Asorey de Cambados, expuxo a súa experiencia no desenvolvemento de competencias básicas a través dos blogues de Climántica do centro; e como estes estimularon a posta en funcionamento da revista electrónica transversal A Buxaina.

O luns 16 houbo seminarios a cargo de José Manuel Bouzán, coordinador do equipo de novas tecnoloxías do CEIP de Palmeira, e responsable da adaptación das actividades do libro Aprendemos coas escolas climánticas ao formato interactivo on-line Eduprimaria e Juan Taboada, responsable da predición operativa de MeteoGalicia. No último seminario, este martes 24 de xaneiro, Mercedes Rodríguez Ruibal e Raquel Troitiño, exporán a súa experiencia na aplicación do proxecto Climántica no centro a través da implicación dos estudantes para comunicar o cambio climático á cidadanía mediante o deseño e desenvolvemento de prácticas de laboratorio.

Por outro lado, o vulcanólogo fundador da Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT) Francisco Anguita Virella, impartiu unha conferencia nas xornadas sobre o libro da 3ª etapa de Climántica Auga e cambio climático, do que é coautor. Iniciou a conferencia – cuxo vídeo se pode visualizar en Climántica TV

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*