Segundos de Cine e Saúde

Concello de OurenseActividade de creación audiovisual para a mocidade ourensá.

Segundos de Cine e Saúde é unha iniciativa para que a mocidade ourensá realice, unha curtametraxe de non máis de 60 segundos arredor dun tema relacionado con actitudes, sentimentos ou ideas acerca da saúde, tanto dende a súa promoción coma dende a prevención do dano a esta.

A actividade está dirixida a mocidade de entre 12 e 16 anos cos obxectivos de potenciar a utilización da linguaxe audiovisual e incentivar a reflexión, a creatividae e o debate sobre a saúde.

Inclúe o obradoiro ”’Segundos de Cine e Saúde”, que ten novas edicións en horario non lectivo na Aula da Saúde da Concellería de Saúde (r/Vasca da Ponte, 1) nos meses de abril e maio de 2012. Os participantes farán unha gravación de non máis de 60 segundos, sobre o tema elixido e poderán participar no ”I Certame Segundos de Cine e Saúde” de acordo co contido das Bases. Mozas e mozos tamén teñen a opción de participar neste certame presentando curtametraxes de non máis de 60 segundos sen o asesoramento dos profesionais do obradoiro, pero si co apoio sobre os contidos de técnicos da concellería de Saúde.

Velaquí as bases completas do certame Segundos de Cine e Saúde (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*