Educa Saúde

A CoruñaPrograma de promoción de estilos de vida saudables. Na Coruña deica o 12 de abril.

Educa Saúde é un programa de prevención que pretende tratar o concepto de saúde dunha forma integral traballando pautas para fomentar unha conduta saudable, dirixido á infancia, adolescencia e mocidade desde tres aspectos fundamentais o físico, o psicolóxico e o relacional. O programa inclúe tamén ás familias como parte fundamental na transmisión destas condutas.

Finalidade:
Fomentar hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil para previr condutas de risco. Concienciar ás familias para transmitir condutas adecuadas orientadas a unha vida saudable.

Público destinatario:
escolares de educación infantil (0 a 6) e educación primaria e as súas familias.

Accións a levar a cabo:
Sesións de hora e media nos colexios en horario de mañá e sesións de hora e media pola tarde ás familias.
Os contidos das sesións están relacionados coa saúde, a alimentación, a hixiene, a educación afectivo-sexual, o lecer e o tempo libre, a prevención en consumo de alcol e drogas, as habilidades sociais, a educación ambiental.

Equipo docente formado por 3 pediatras, 1 enfermeira pediátrica, 1 psicóloga, 2 matronas, 1 educador social e dúas psicólogas especialistas en etapa de 0 a 3 anos.

Centros educativos:
Ceip Alborada, Ceip Rosalía de Castro, Ceip Sagrada Familia, Ceip Salgado Torres, Ceip Wenceslao Fernández Flórez, EIM Arela y EIM Carricanta.
Duración do programa: desde o 21 de xaneiro ata o 12 de abril de 2013

NOTA: Nas sesións da tarde ofrécese un obradoiro dirixidos a nenos e nenas que acompañen ás familias, no que se traballan contidos de educación para a saúde

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*