Premio ‘Luís Freire’ de investigación científica para escolares

Premio Luís Freire de Investigación Científica para EscolaresCertame que reta os estudantes galegos de Secundaria a demostraren a súa creatividade científica.

O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é formularse unha pregunta á que desexen dar resposta, relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, da súa contorna máis inmediata. Despois, co asesoramento dun profesor, deberán deseñar a investigación cientifica que lles permita obter resultados e conclusións.

Esta convocatoria inclúe unha nova modalidade: a categoría educaBarrié, destinada a profesores de Educación Primaria, aos que se convida a presentar proxectos de investigación desenvolvidos cos seus alumnos.

Os alumnos e profesores que desexen participar teñen ata o próximo 5 de febreiro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 8 de xuño de 2013, e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados na modalidade de Secundaria e os tres gañadores na modalidade de Primaria.

O Premio Luís Freire está convocado polo Concello da Coruña (Museos Científicos Coruñeses), en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, El Corte Inglés e a Fundación Barrié, a través da súa iniciativa educativa educaBarrié.

Máis información: Como participar

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*