Salva o Ártico

Campaña de Greenpeace para que a zona arredor do Polo Norte sexa declarada Santuario Global.

Durante máis de 800 mil anos o xeo foi unha característica permanente do océano Ártico. Agora estase derretendo polo uso desmesurado de enerxías fósiles sucias e, nun futuro próximo, o xeo podería desaparecer, por primeira vez, desde que os humanos pisamos a Terra.

Isto sería devastador, tanto para os pobos como para os osos polares, narvais, morsas e os demais moradores do Ártico, así como para o resto da Humanidade. O xeo reflexa gran cantidade de calor solar cara ao espazo e mantén así fresco o planeta e estabiliza os sistemas meteorolóxicos dos que dependemos para cultivar os nosos alimentos.

Protexer o xeo significa protexernos a todos.

O obxectivo é sumar tres millóns de sinaturas como parte da campaña de presión en prol da protección do Ártico

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*