Programa de Cine Científico 2013

Recursos dispoñibles en préstamo gratuíto da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) preparou o Programa FECYT de Cine Científico 2013 que ten por obxecto achegarlle a ciencia á cidadanía, con especial interese nos novos estudantes.

Os cinco DVD, desenvolvidos por distintas entidades interesadas en promover a divulgación científica, a Universidade de Vigo entre elas, achegan unha excelente visión xeral do coñecemento científico e a súa aplicación, cunha linguaxe audiovisual atractivo e un contido divulgativo rigoroso e ameno.

O Programa FECYT de Cine Científico 2013 está dispoñible mediante préstamo gratuito desde xaneiro e deica decembro de 2013 para toda aquela entidade interesada en proxectar de xeito público e gratuíta algún dos audiovisuales que o compoñen.

Para solicitar o préstamo dos documentais que compoñen o programa é necesario cumprimentar o seguinte  formulario de solicitude (.doc) e envialo por correo postal a FECYT (Programa de Cine Científico), c/ Pedro Teixeira, 8 2ª planta, 28020 Madrid)  ou por correo electrónico a: cinecientifico@fecyt.es

Aquí ademais a lista completa de recursos audiovisuais.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*