Xuventude Emprende

Xornada dirixida a alumnado de Bacharelato e Graos Formativos.

O programa Xuventude Emprende terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña).

Serán unhas xornadas formativas, de 3 días de duración, nas que se inclúe o aloxamento, durante os cales mozos e mozas desenvolverán competencias emprendedoras como o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras. Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre.

O prazo de inscrición estará aberto até o día 8 de marzo, cun límite de 40 prazas. As actividades e o aloxamento non suporán ningún custo económico para os participantes.

Formulario de participación

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*