Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas

Instaurado pola Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de Persoas.

Despois do tráfico de drogas e de armas, a trata de persoas constitúe o negocio transnacional que xera maiores dividendos. Quen cae nas redes dos tratantes, pode enfrontar a explotación sexual, distintas formas de traballo escravo e mendicidad forzada, e abusos de todo tipo, perdendo os seus dereitos máis básicos, como a liberdade, a seguridade e o dereito a vivir sen ser obxecto de violencias.

En xaneiro de 1999, a Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de Persoas en coordinación coa Conferencia de Mulleres que tivo lugar en Dhaka, Bangladesh, escolleu o 23 de setembro como Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas. Fora xustamente un 23 de setembro cando se promulgaba a primeira lexislación a nivel mundial contra a prostitución infantil, sendo Arxentina o país pioneiro en afrontar o problema. Dende hai catorce anos, cada 23 de setembro é unha xornada internacional para chamar a atención da cidadanía mundial sobre esta cuestión.

Este luns 23 na Coruña vanse proxectar os documentais ‘Voces, contra la trata de mujeres’ e ‘Escúchame’. Despois haberá debate coa presenza da directora, Mabel Lozano. Ás 17:00 h, no Auditorio da Fundación NovaCaixaGalicia da Coruña.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*