Preparando o V día da Ciencia en Galego

dia-da-ciencia-2012-portadaDende Igaciencia avanzan que a convocatoria deste ano fixarase especialmente na Física.

O V día da Ciencia en Galego, este ano, desde Igaciencia, dedicámolo á Física, a impartir a Física en Galego, a recoñecer a importantísimos científicos da Física mundial, como Newton, e dar a coñecer a un Físico e matemático galego, Xosé Rodríguez, que interveu na medida das dimensións da Terra,traballou con Arago nas Baleares, facilitándolle a fuga da prisión de Mallorca e detectou algúns erros nos cálculos sobre esas medidas.

A temática do día da Ciencia en Galego, nas propostas que facemos, vai tratar dos sensores físicos: sensores de temperaturas, de son, de distancia, de luz, de infravermellos, acelerómetros, xiróscopos, GPS, de orientación… e o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte. Por unha banda os concursos xirarán ao redor desas medidas, facendo programas en inventor (unha linguaxe sinxela de programación en Android) nun concurso que chamaremos Inventa en galego, ademais de montaxes con robots NXT ou placas Arduino que sintan o contorno e interactúen con el. Para os pequenos, experimentos sinxelos de Física.

Máis información na web de Igaciencia

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*