Alba María triunfa no certame de canción de autor en galego

teo-certameNastasia Zürcher recibiu os premios do público á mellor artista e mellor canción orixinal na gala final celebrada en Teo.

Alba María impúxose aos restantes sete finalistas na gala decisiva do I Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. O director artístico do certame, Xoán Curiel, salientou que o xurado tivo un labor “difícil” polo “elevado nivel” dos oito artistas que chegaron á fase final do concurso. Carme Hermida, concelleira de Cultura e membro do xurado, foi a encargada de xustificar o premio “polo enraizamento da proposta musical de Alba María na tradición galega e pola orixinalidade, variedade e actualidade das súas cancións”.

Como premio, Alba María vai ter a posibilidade de gravar un disco de oito temas. Para tal fin, contará co local de Nsaio de Teo, facilitado polo Concello. Ademais, disporá dunha serie de concertos e de promoción dese primeiro traballo discográfico. Xoán Curiel sinala tamén o “importante apoio” dun público “moi participativo” que concedeu dous accésits que recaeron en Nastasia Zürcher como mellor artista e á canción orixinal polo seu tema ´Voar´. Na súa opinión, a gala foi o punto culminante a meses dun proceso cultural “pioneiro” que deixa “un fabuloso sabor de boca” tanto na parte estritamente artística como entre participantes e público.

Anterior: Festa da música e a palabra en Teo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*