O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de auga

diaz-castro-fabalobaDa man do colectivo Fabaloba chéganos unha fermosa achega ilustrada ao poeta Xosé María Díaz Castro.

Unha nova proposta vén a enriquecer a vizosa colleita que neste ano Díaz Castro agroma ao fío da vida e obra do autor. O colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.

O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.

O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos)

Podes descargar ou ler en liña aquí O neno e a estrela

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*