Os dez animais máis “adorábeis” do pasado ano, segundo a revista Nature

Non son os máis importantes do ano, pero si as historias científicas cos animais “máis paveros” e encantadores de 2014 segundo a revista Nature.

Este ranking inclúe unha investigación publicada en outubro e liderada pola Universidade de Estrasburgo (Francia) na que un pingüino robot teledirixido enganaba a pingüinos emperadores da Antártida facéndose pasar por un deles. O estudo suxería que o achado podería permitir unha monitorización menos invasora desta tímida especie polar.

Outras das estrelas deste documento audiovisual son as ras que bailan para seducir, monos titís que ven a televisión e aprenden a realizar unha tarefa observando as imaxes no medio da selva, ou os koalas, que dormen entre 15 e 20 horas ao día agarrados ás árbores.

Nun estudo da Universidade de Melbourne (Australia) descubriuse que se estes marsupiais dormen sobre árbores que están máis fríos que o aire (ata 5 ºC), aforran a metade da auga que necesitan nun día de moita calor. Isto fai que se reduza o estrés por calor desta especie en perigo de extinción.

Fonte: Axencia SINC

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*