O colectivo SEO/Birdlife convoca para o 21 de maio o Día Europeo da Rede Natura 2000.
“Cada pequeno xesto ten un gran poder: o simple movemento de ás dunha bolboreta pode cambiar o mundo”.
A ONG SEO/BirdLife lanzou unha convocatoria cidadá para impulsar o Día Europeo da Rede Natura 2000. Coa celebración deste día, todos os cidadáns europeos están chamados a descubrir a riqueza destes lugares onde a natureza e o ser humano van da man. “Queremos converter o 21 de maio no día en todos teñamos un xesto con estes espazos protexidos”, indican desde o colectivo.
Queres organizar unha actividade?
Se estás interesado en organizar algunha actividade no teu pobo ou cidade, SEO/BirdLife axúdache enviándoche materiais.
Se formas parte dunha escola podes completar este formulario.
SEO/Birdlife faiche outra proposta: Facerte unha fotografía facendo o xesto da bolboreta coas túas mans. Ou xunta amigos e amigas e facédeo todos e todas xuntos. Podedes enviar unha ou varias fotos as veces que queirades. Aquí podedes ver exemplos.
Na web da Xunta podedes ver os espazos protexidos pola Rede Natura en Galicia.