A poboación infantil é a máis esquecida e vulnerable durante a crise de refuxiados

cooperacion-internacionalA través dun documento, as asociacións científicas, que representan arredor de 9.000 pediatras e cirurxáns infantís para o coidado dos nenos e adolescentes, súmanse á petición dunha resposta integral a curto, medio e longo prazo desta  dramática situación que afecta a tantos nenos, e fai unha chamada á responsabilidade e á solidariedade.
Europa vive unha traxedia humanitaria sen precedentes desde a Segunda Guerra Mundial. Os medios de comunicación e as redes sociais achegáronnos a esta realidade con imaxes estarrecedoras. En especial a do cativo sirio Aylan Kurdi, de tres anos, afogado nunha praia da costa de Turquía foi a pinga que rebordou o vaso da indiferenza: Europa non pode seguir mirando cara a outro lado e levantando muros. A actual crise de refuxiados é un tema central non só da política europea, senón tamén da propia sociedade. As sociedades científicas de pediatras estatais súmanse así á petición dunha resposta integral a curto, medio e longo prazo, desta dramática situación que afecta a tantos nenos, e fan unha chamada á responsabilidade e á solidariedade.

En realidade, a guerra de Siria empezou hai 4 anos, pero como con tantos outros problemas, deixounos indiferentes ata que estalou a crise dos refuxiados en Europa. No que levamos de ano, máis de 225.000 refuxiados e inmigrantes chegaron a través do Mediterráneo e estímase que uns 2.100 perderon a vida ou desapareron no seu intento de alcanzar Europa. Calcúlase que desde o inicio do conflito, fuxiron de Siria, ao redor dun millón e medio de nenos.

Os nenos, e en particular os menores non acompañados, son os máis vulnerables. A viaxe supón enfrontarse a múltiples riscos: deshidratación e malnutrición, secuestros, detención e extorsións, tortura, escravitude infantil, tráfico de persoas e abuso sexual. Por iso, é prioritario que todos os nenos e as nenas reciban o coidado, a protección e o apoio adecuados, tanto no momento da súa chegada ás costas europeas como na súa posterior acollida e integración en Europa.

A Asociación Española de Pediatría (AEP), como asociación científica de 9.000 pediatras e cirurxáns infantís para o coidado dos nenos e adolescentes, a través dos Grupos de Cooperación Internacional da AEP e a AEPap, manifesta que:

  • A toma de conciencia propiciada polas redes sociais debe traducirse en xestos reais, cun maior compromiso político. A ONU advírtelle a Europa de que deberían prepararse para acoller polo menos a 200.000 persoas. É necesario e urxente un maior compromiso por parte de España, en cumprimento da responsabilidade compartida que teñen os Estados membros da UE fronte a esta crise humanitaria.
  • Os menores son especialmente vulnerables en situacións de crises como esta. A súa saúde, educación e benestar xeral poden verse afectados e necesitan apoio urxente. Independentemente da súa condición de migrantes ou refuxiados, os dereitos de todos os nenos e nenas deben ser respectados de acordo coa Convención sobre os Dereitos do Neno. E non é só cuestión política ou humanitaria senón de xustiza e respecto aos dereitos humanos.
  • Débense unificar os criterios de asilo recordando a prioridade de nenos e adolescentes de acordo co dereito internacional dos refuxiados e a garantía da unidade familiar. A deportación inmediata, o retorno forzoso, ou a detención dun neno son violacións dos dereitos dos nenos e non deberían ser parte das medidas utilizadas pola Unión Europea para promover a readmisión dos migrantes nos países de orixe e tránsito.
  • Solicitamos unha maior axuda no seu país de orixe reconstruíndo un estado de dereito. Así mesmo, faise necesaria a adopción de medidas claras contra as redes ilegais de tráfico de persoas que atentan gravemente contra a dignidade e os dereitos das persoas.

E comprométese a participar activamente tanto na atención sanitaria directa como no deseño e posta en marcha dun programa de acollida para as persoas necesitadas de protección internacional, que teña como consideración primordial as necesidades especiais da infancia.

Fontes recomendadas para ampliar información:

Fonte: AEPAP

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*