Namórame en galego!

Coa Candeloria chegan días de falar do amor tamén nas escolas.

O mes de febreiro abrímolo cada ano lembrando o tempo no que casan os paxariños, o que na tradición popular veu dando no máis parecido a un “Día Galego do Amor”. Mais tamén callou forte desde hai ben anos o ben coñecido San Valentín, Día dos Namorados, outra boa oportunidade para que o amor axite os corazóns nas semanas previas á primavera.

Moitas escolas traballan neste tempo o asunto con iniciativas diversas. Hoxe ímosvos contar do concurso “Namórame en Galego” do IES A Basella de Vilanova de Arousa, que celebrará este mes do amor convocando un concurso de curtas de amor en galego. Para iso, desde o Departamento de Dinamización Lingüística convidan o alumnado a gravar mensaxes arredor do tema.

concurso-namorame-en-galego

Tamén o concurso “Amo a túa lingua” no IES Aquis Celenis, en Caldas de Reis

Concurso Amo a túa lingua - IES Aquis Celenis

Outras ideas arredor do “amor” para estes días:
No CPI Antonio Faílde, en Coles, teñen organizado certame de cartas, poemas, narracións, debuxos, slogans, diálogos, SMSs, manualidades… e todo o que ao alumnado puidera ocorrérselle en relación co amor e a amizade. Aquí tedes exemplo dalgúns resultados:

namorame-en-galego2

No CPI Progreso de Catoira, en Lecturo literaturo temos visto ideas diversas para a Semana do amor, como é o caso da proposta “O amor en 10 palabras”

O amor asolaga Forcarei, en Trafegando Ronseis

Outro recurso que vos recomendamos, visto na bitácora “As zocas faladoras”, do IES de Poio, é esta peneira de textos narrativos para o Día de San Valentín, que inclúe entre outros textos de Méndez Ferrín, Ramiro Fonte ou Agustín Fernández Paz.

Libros para festexar o amor é unha peneira de recomendacións de OQO

Mensaxes enviadas ao concurso Lingua de Namorar da SXPL

E vós, tamén ides homenaxear o amor estes días que veñen? Contádenos sobre ideas e recursos!

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*