Olloboi 2018

Deica o 30 de abril está aberto o prazo para o envío de pezas audiovisuais.

Está xa en marcha unha nova edición do certame audiovisual Olloboi, dirixido a todas as aulas de Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP, universidade e escolas audiovisuais. Pode participar calquera persoa ou grupo de persoas relacionadas co ámbito escolar público, concertado ou privado, formación regrada ou non: alumnado, profesorado e PAS. As videocreacións, sexa ficción ou documental, non deberan pasar dos 20 minutos de duración. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso do idioma galego, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto aos dereitos dos animais. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso. Os traballos deberán estar accesibles a todo o público na rede, e aloxados en Vimeo ou en Youtube.

Velaquí o formulario para o envío das creacións

Repartiranse nove premios, organizados en categorías en función das idades do alumnado implicado:
● Olloboi Peque: para traballos elaborados con ou para alumnado de ata 12 anos
● Olloboi Plus18: para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior (escolas universitarias, ciclos de formación profesional superior, etc.)
● Olloboi Xeral, onde participan todas as pezas presentadas de acordo cos seguintes epígrafes:
Olloboi Interpretación
Olloboi Montaxe
Olloboi Fotografía​
Olloboi DJ​
Olloboi Guión
Olloboi Arte e estética

Recordámosvos que Olloboi é unha iniciativa xurdida desde o IES A Cachada, en Boiro, e que como en cada edición, haberá un Festival de Cine Escolar que se celebrará nesta vila do Barbanza. Será o próximo 11 de maio. A xuntanza inclúe actividades como Muchachada Matiné, un roteiro socioaudiovisual por Boiro e a presentación dunha produción audiovisual en lingua galega no CineForum. Tamén podedes inscribirvos desde a web

Aquí podedes ver as pezas gañadoras o ano pasado

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*