Logo do verán e coa volta á escola, Queremos Cantar!

Afinando a guitarra, aclarando a voz, queres cantar?Deica o 15 de outubro permanece aberto o prazo de recepción das pezas.

O certame Quero Cantar 2019 segue esperando as vosas creacións musicais. Recordámosvos que pode participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas. En función das idades establécense as seguintes categorías:
Categoría A. Infantil.-
Idade: até 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, haxa unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista.

Categoría B. Xuvenil.-
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12

As bases completas na web de Quero Cantar.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*