Quinta malla de artigos da Galipedia

Símbolo da GalipediaDo 25 ao 1 de decembro convócase esta iniciativa para axudar a mellorar a Galipedia.

A malla é un antigo traballo agrícola que en moitos casos, e mentres non houbo maquinaria para realizala, se facía en comunidade xa que era un labor moi pesado, e que era moito máis sinxelo de facer coa colaboración dos veciños e familiares.

Botando man da expresión, desde a Galipedia cóntannos que hai tamén “moita palla que separar do gran”, pero que é un traballo pesado e pouco agradecido. Mais se o facemos entre moitos pode facerse de forma máis rápida e menos laboriosa. Con ese obxectivo convócase a “Quinta malla de artigos da Galipedia”. A meta é xuntar cando menos 55 editoras e editores que amañen tan só 3 artigos por día día para facer a tarefa. “Cun pequeno esforzo de moitos, faremos un gran traballo!”

Velaí toda a información sobre a Wikimalla

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*