Karaoke Afouteza

“Xa levamos moitos días sen vernos e botámosvos moito de menos, pero todo vai saír ben! Nestes tempos difíciles desde o equipo do CEP Altamira queren estar máis preto de vós ca nunca, aínda dende a distancia. Moito ánimo!”

O equipo do CEP Altamira envíalles ánimos e forzas a todo o seu alumnado e ás súas familias.

O EDLG do CEP Altamira, en Salceda de Caselas, envíalles ánimos e forzas a todo o alumnado e familias e realizou esta versión da canción Afouteza de Ruxe Ruxe para que o alumnado a poida cantar na súa casa a ritmo de karaoke!

Velaí a letra:

“Tal día coma hoxe
nun sitio coma este
estaremos brindando
polos tempos mellores
Como unha folla perdida
arrincada dalgún libro
Coma un fugaz recordo
espertando dun mal soño
Non, non! Renderse non é unha opción
Teremos sempre a forza necesaria para vencer
Non, non! Renderse non é opción
Teremos sempre a forza necesaria para vencer
A forza e afouteza necesarias pra vencer

Tal día coma hoxe
nun sitio coma este
estarémonos rindo
daqueles tempos peores
Como unha estrela caída
arrincada dalgún ceo
Como unha frase esquecida
no medio dun verso vello.

Non, non! Renderse non é opción
Teremos sempre a forza necesaria para vencer
Non, non! Renderse non é opción
Teremos sempre a forza necesaria para vencer
A forza e afouteza necesarias pra vencer

Non, non! Renderse non é opción
Teremos sempre a forza necesaria para vencer
Non, non! Renderse non é opción
Teremos sempre a forza necesaria para vencer
A forza e afouteza necesarias pra vencer

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*