V Concurso Un Ollo de Vidro

Prazo ampliado deica o 30 de xuño de 2020 ás 23:59h.

O concurso “Un Ollo de Vidro” é unha iniciativa coa que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto. Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

O proxecto está impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o IES Castelao O Calvario (Vigo), a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo, o Festival de Curtas de Cans e o IES Pino Manso (O Porriño).

Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen enviando un vídeo ao correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com e que cumpran os requisitos establecidos na web Recoméndoche un libro onde podedes atopar as bases completas da convocatoria.

Lista de reproducción: premiados no IV Certame Un Ollo de Vidro

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*