LGx15. Ideas para o futuro da lingua


Evento en liña da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

A sexta edición do LGx15 inclúe sete charlas breves, sete pezas entretidas con ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o futuro do idioma. As intervencións foron gravadas na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, grazas á cesión do espazo por parte do Concello de Santiago de Compostela. Así mesmo, o LGx15 conta coa axuda económica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As persoas convidadas este 2020 ao LGx15 falaron dos seguintes temas:

– Ángel Carracedo (doutor en Medicina pola USC) tratou desde a súa experiencia persoal o uso do galego na ciencia, no ensino universitario ou na divulgación científica, cunha intervención titulada “O galego na miña vida”.

– Esther Estévez, xornalista que coñecemos polo fenómeno lingüístico-mediático do ano, o #DígochoEu, desafíanos co título “E falarei como eu queira, ou?” para tratar das vantaxes de transmitir contidos lingüísticos de forma divertida.

– Adrián Dios (adestrador de baloncesto e profesor universitario) tamén nos falará da súa experiencia como adestrador e árbitro de baloncesto e daranos argumentos para que o galego se asente na práctica deportiva, especialmente dos nenos e das nenas. “Sempre coa lingua fóra: usando o galego no deporte”.

– Beatriz Campos é actriz, narradora e presentadora. Coa súa intervención, “En galego, dende o berce”, conseguirá convencernos da nosa responsabilidade para transmitir a lingua e daranos estupendos consellos para logralo.

– Laura Marín é a participante máis nova desta edición pero ten as ideas moi claras. Desde a súa mirada de 16 anos sabe cal é “O camiño para volver ó galego”, superando as dificultades con moito compromiso e constancia.

– Manuel Gago (xornalista, profesor universitario e escritor), quen nos falará de palabras, patrimonio e o sistema operativo de Galicia. “Levo milenios de memoria entre os meus beizos” é o suxestivo título da súa intervención.

– E o LGx15 de 2020 pecha co dúo de moda nestes momentos, Verto. Alberto Mira e Fernando Peleteiro falarannos de “Música pop e normalización lingüística”, da democratización da música e de como ven eles o futuro.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*