Artistas da lusofonía celebran o recoñecemento de Ponte…nas Ondas! pola UNESCO

“A PONTE”, UN HIMNO HOMENAXE A PONTE…NAS ONDAS!

PONTE…NAS ONDAS! estrea o tema musical e o videoclip “A Ponte”, realizado por diferentes artistas da lusofonía. “Este tema é un himno no que se fala, propiamente, de tender pontes a través da música e da educación”, explicou Uxía Senlle, impulsora da iniciativa e unha das artistas implicadas no proxecto, xunto co brasileiro Chico César, a portuguesa Celina da Piedade ou o mozambicano Cheny Wa Gune, entre outros. “É un tema no que se mesturan moitos ritmos, que se queda na cabeza e agardamos que ese día todos os nenos e nenas o canten e formen un gran coro”, destacou Uxía.

A orixe desta letra xurdiu nunha gravación en Lisboa en 2010 á que asistiron Uxía e Sérgio Tannus para gravar o “cantar galego” de Zeca Afonso co seu sobriño João Afonso, a primeira colaboración musical galego-portuguesa que xa fora emitida na xornada radiofónica do ano 2000.

Cando se achegou o 25 aniversario de Ponte…nas ondas! en 2020, dixo Uxía, “voltamos a retomar a letra e rematouse a composición con gravacións en estudio mais a pandemia impediu a súa estrea. A melodía é unha síntese de ritmos galegos, portugueses, africanos e brasileiros con samba, morna ou muiñeiras, entre outros”.

Agora, unha vez que Ponte…nas ondas! foi inscrita na UNESCO como modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial, os artistas da lusofonía queremos dar a coñecer tamén as nosas boas prácticas e render unha emotiva homenaxe a Ponte…nas ondas! que é xa un modelo para o mundo.

A PONTE desde Galiza, Portugal, Brasil e Moçambique
Participan no tema musical, Sérgio Tannus (guitarra, percusión), Ana Senlle (pandeireta), Chico César (voz), Celina da Piedade (acordeón e voz), Cheny Wa Gune (timbila e voz) e Uxía (voz).

VIDEOCLIP

https://youtu.be/w9DwcAi4DiY

DESCARGA DO VIDEOCLIP
https://drive.google.com/file/d/1K4RveHyw6p4p7FYViraVBHW-pq8tVFdo/view?usp=share_link

DESCARGA DO AUDIO DO VIDEOCLIP
https://go.ivoox.com/sq/1824611

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*