A asociación pedagóxica Ponte…nas Ondas! Premio da Cultura Galega 2023 na categoría de lingua

O xurado destaca esta iniciativa transfronteiriza que promove o intercambio lingüístico entre centros educativos da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Un novo recoñecemento para o modelo Ponte… nas Ondas!, que hai apenas un ano vía aprobada a súa inscrición no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, organismo que destacaba o proxecto como iniciativa capaz de servir de modelo internacional aplicable noutras áreas xeográficas.

Este outubro de 2023, a asociación sociopedagóxica recibe un novo recoñecemento, neste caso por parte do xurado dos Premios da Cultura Galega 2023, cos que a Xunta de Galicia quere distinguir a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural galego, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.

Todos os premiados:
 

 

Categoría
Premiado/a
Letras
Yolanda Castaño
Artes Visuais
Museo do Gravado á Estampa Dixital
Artes Escénicas
PistaCatro
Música
Banda de Música Unión de Guláns
Audiovisual
Portocabo
Lingua
Ponte…nas Ondas!
Patrimonio Cultural
Eduardo Pardo de Guevara
Proxección Exterior
Cursos de verán Galego sen fronteiras

A xuntanza do xurado, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia este luns 16 de outubro de 2023, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Do xurado formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de igualdade, Sandra Vázquez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, así como profesionais da cultura de Galicia de recoñecido prestixio como Fina Casalderrey, en representación da Real Academia Galega; Elena Vázquez Cendán, do Consello da Cultura Galega; Ramón Yzquierdo Perrín, da Real Academia Galega de Belas Artes; Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Carla Reyes, presidenta da asociación Executivas de Galicia; Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, e Estíbaliz Veiga, actriz, presentadora, pedagoga teatral e guionista.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*