Contos coas mans abertas

Contos coas mans abertasA actividade de contacontos sobre solidariedade, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, viaxa por máis dunha ducia de vilas e cidades durante todo o mes.

A xira 2011 do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, visita Melide este venres 4 pola mañá e esa mesma noite chega a Ourense. En Melide a actuación será no IES da localidade e na cidade das Burgas, a representación, organizada pola Deputación en calidade de membro da entidade municipalista, terá lugar no Centro Cultural ás 20:30 horas, con entrada de balde.

Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico-teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorrerá este ano un total de 42 Administracións socias. O espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia.

Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, ‘Contos coas mans abertas’ é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar e entender o mundo.

Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos.

Próximas actuacións d’A Tropa de Trapo

Venres 4, mañá : IES de Melide CONTOS COAS MANS ABERTAS

venres 4, 20:00h : Centro Cultural da Deputación de Ourense CONTOS COAS MANS ABERTAS

sábado 5 : Sandiás CONTOS COAS MANS ABERTAS

mércores 9 : Abegondo CONTOS COAS MANS ABERTAS

xoves 10 : Boiro CONTOS COAS MANS ABERTAS

sábado 12 : Bergondo CONTOS COAS MANS ABERTAS

martes 15 : Laxe CONTOS COAS MANS ABERTAS

mércores 16 : Verín CONTOS COAS MANS ABERTAS

xoves 17 : IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) A HORA AZUL

venres 18 : IES A Paralaia (Moaña) CONTOS COAS MANS ABERTAS

luns 21 : Cangas CONTOS COAS MANS ABERTAS

martes 22, 19:30h : Casa da Cultura (Sada) CONTOS COAS MANS ABERTAS

mércores 23 : Riveira CONTOS COAS MANS ABERTAS

xoves 24 : Poio CONTOS COAS MANS ABERTAS

venres 25 : Caldas de Reis CONTOS COAS MANS ABERTAS

sábado 26 : Serra de Outes CONTOS COAS MANS ABERTAS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*