VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

premio-ilustracion-compostelaConvocada nova edición do certame organiza polo Concello de Santiago e Kalandraka. Prazo aberto deica o 7 de marzo.

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa editorial Kalandraka, e no marco da súa XIV Campaña de Animación á Lectura, convoca o VII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

1. Poderán optar ao VII Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.
2. As obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas. Non se admitirán aquelas que sexan adaptación doutros orixinais ou as obras que fosen premiadas ou mencionadas noutros concursos.
3. Poderán participar unha ou varias persoas, autores/as de texto e ilustración de calquera nacionalidade. Queda excluído o persoal da editorial Kalandraka.
4. Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas).
5. Os/As autores/as que opten ao premio deberán presentar: – Cinco copias do texto. – Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas. No caso de utilizarse técnica dixital, admitiranse impresións da obra en alta resolución. – Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta.
6. Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as, senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais dos participantes achegaranse nun sobre pechado: no seu exterior indicarase o título da obra e o lema ou pseudónimo, e no seu interior o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico. Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia do DNI ou pasaporte, así como unha breve recensión biográfica.
7. Os traballos serán remitidos ou entregados no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (Rúa do Presidente Salvador Allende núm. 4, 15705 Santiago de Compostela. A Coruña. España). No sobre especificarase obrigatoriamente “VII Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados”. Nos sobres que se entreguen a través de axencias de transportes non deben aparecer os nomes dos autores/as.
8. O prazo de presentación de orixinais ábrese coa publicación destas bases e remata o 7 de marzo de 2014. O selo postal non debe ser posterior á data do último día de entrega. A decisión do xurado farase pública na primeira quincena de abril, Mes do Libro, no marco da XIV Campaña de Animación á Lectura que organiza o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela.

(…)

As bases completas na web de Kalandraka

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*