Curso de Introdución ao Estudo de Carnívoros: metodoloxías de mostraxe non invasivas

Organizado polo CEIDA. Entre 12 e 14 de novembro.

Datas: 12 ao 14 de novembro de 2015
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Colabora: Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Organiza: CEIDA, BioLearn
Destinatarios
O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.

Obxectivos
Pretende dar a coñecer ás especies de carnívoros presentes en Galicia e o seu papel ecolóxico no medio, así como dotar aos alumnos e alumnas dunhas competencias básicas nas metodoloxías de mostraxe non invasiva, e na identificación dos rastros destes animais, de cara á súa aplicación en estudos científicos ou técnicos, tales como Estudos de Impacto Ambiental, Xestión de Especies, etc.

Metodoloxía
Os obxectivos do curso abordaranse dende unha perspectiva eminentemente práctica que inclúe a elaboración de trampas de pelo e pegadas, realización introdución ao estudo de carnívoros de transectos de indicios, instalación de estacións de fototrampeo, e revisión de estacións de fototrampeo colocadas con anterioridade á realización do mesmo.Estes contidos prácticos apóianse nunha exposición dos contidos teóricos do módulo que acheguen ao alumno aos conceptos relevantes, sendo o alumno quen toma un papel activo mediante o emprego das ferramentas, técnicas e equipos,
aprendendo de primeira man o manexo das mesmas.

Imparte
Xosé Pardavila, Adrián Lamosa, Julián Mangas (www.biolearn.org)

Horario
O curso desenvolverase en 20 horas, distribuídas en sesións de 4 horas as tardes do xoves e o venres, e 12 horas durante o sábado.
Xoves e venres: de 16 a 20 h.
Sábado: de 9 a 21 h.

Inscrición
95 €
Prazas limitadas

Programa Completo
http://www.ceida.org/files/DossierCursoCarnivoros15.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*