Repasar a través de tests mellora a aprendizaxe

revista ScienceUnha investigación recomenda esta técnica de estudo.

“Creo que o estudo expón aspectos fundamentais sobre como a mente traballa á hora de recuperar o aprendido”, explicaba para o xornal The New York Times o investigador Jeffrey Karpicke, docente na Universidade de Purdue. É un dos autores do artigo publicado na prestixiosa revista Science onde se explican estes resultados.

A investigación comprobou que estudantes que leran un ensaio e eran sometidos a unha proba tipo test para ver o que recordaban, eran capaces de manter até o 50% da información ao cabo dunha semana. Os expertos entenden que este método reforza a aprendizaxe fronte á tendencia entre o estudantado a ler repetidamente o material unha e outra vez. Valorouse tamén a elaboración de diagramas e mapas conceptuais, subliñando a convicción entre o profesorado de que estes sistemas facilitan que o alumnado realice máis doadamente conexións entre os feitos estudados. Con todo, advirten, cinxirse a estoutro método dálle ao alumno a impresión de que manexa a materia mellor do que en realidade o fai.

A información completa en The New York Times: To Really Learn, Quit Studying and Take a Test

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*