OUFF escola: o audiovisual que brinca das aulas

OUFF escola: o audiovisual que brinca das aulasConvidámosvos a ver as obras presentadas ao terceiro certame do Festival de Ourense para aulas de Infantil e Primaria.

O III Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Este III Certame de Cinema OUFF Escola, dentro do 16 Festival de Cine Internacional de Ourense, está convocado polo Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF) e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

Son un total de 24 obras a concurso nas categorías de Infantil e Primaria e de 41 máis no resto de etapas de ensino non universitario.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*