A crise non pode ser unha escusa para desatender a infancia

A crise non pode ser unha escusa para desatender a infanciaApenas 53 iniciativas en materia de infancia chegaron ao Congreso durante a última lexislatura.

Non hai que botarlle a culpa ao contexto de crise, senón á falta dun auténtico compromiso e unha verdadeira vontade política. Dese xeito reflexionou Yolanda Román, do colectivo Save the Children, durante unha recente cita na Universidade Pontificia de Comillas que reuniu a organizacións sociais e partidos políticos para debater sobre a necesidade de propostas políticas en materia de infancia.

Non hai que esquecer que o vindeiro 20 de novembro, cando a cidadanía acudirá ás urnas para escoller a representación no Congreso para a vindeira lexislatura, celebrarase tamén, esa mesma xornada, o Día Mundial dos Dereitos do Neno.

Jorge Cardona, do Comité dos Dereitos do Neno e catedrático de Dereito na Universidade de Valencia, explicou as diferentes posicións que a nivel europeo se están adoptando neste contexto, valorando especialmente o exemplo do modelo islandés e criticando no outro estremo a países como Italia onde se están realizando grandes recortes neste eido.

Gabriel González, responsable de Políticas de Infancia de UNICEF, laiouse de que a recente estatística do INE indica que os menores de 16 anos convertéronse en dous anos no grupo máis pobre da sociedade e que existe un 26% de risco de pobreza infantil en España.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*