A compostaxe

Ata o de agora xa vimos a importancia de reducir o volume de residuos que xeramos. Tamén que podemos reutilizar e reciclar moitos obxectos inorgánicos que non usamos. Agora, que outra vida pode ter toda esa materia orgánica que cada día depositamos nos colectores do lixo? Imos coñecer as posibilidades da compostaxe caseira

Coa colaboración de Sogama achegámosvos unha nova peza didáctica sobre o medio ambiente.

Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:

Velaquí as unidades anteriores que podedes navegar desde as seguintes ligazóns:

Na aula dixital de Botóns

A nosa aula dixital trae desta volta un novo agasallo da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Coa colaboración desta empresa pública, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, presentámosvos este novo recurso didáctico adicado ao problema do lixo. A ficha pode navegarse directamente desde aquí ou descargarse de balde para usala en calquera outro dispositivo ou formato.

Esta é a sexta entrega dunha serie que comezou co inicio do curso, o pasado 12 de setembro, coa primeira entrega onde na que coñecemos ‘Os tres erres’. Cada quince días, estes e outros personaxes acompáñannos en Botóns para axudarnos a afondar en diversos temas de interese medioambiental: a problemática que representa na actualidade a elevada produción de lixo, as boas prácticas na redución da xeración de residuos urbanos, a separación de refugallos en orixe, a compostaxe doméstica, etc

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*