Proxecto Arqueolóxico da Pena Furada

Proxecto Arqueolóxico da Pena FuradaO sitio arqueolóxico de Pena Furada, en Coirós (A Coruña) é un enigmático saínte pedregoso nunha ladeira de forte pendente na que conflúen o río Torarou e o río Mendo.

A xacida da Pena Furada ocupa un pequeno outeiro que foi moi intervido a través de actuacións arquitectónicas ordenadas que monumentalizaron todo o lugar e a criaron un amplo espazo ritual. Desde os anos 90 era coñecida por unha representación moi pouco habitual: unha figura humana co sexo feminino moi destacado, coñecida como A Moura. O pouso de misterio que envolvía este excepcional lugar levantouse cunha campaña de limpeza vexetal, que revelou a súa complexidade e grande importancia.

Así nolo contan no espazo web Penafurada.net. O proxecto está coordinado por Antón Malde e Manuel Gago e xuntou esforzos dun feixe de xente que a título individual vén colaborando desinteresadamente cos traballos. Na web sublíñase ademais que o proxecto tamén repara na necesidade da transmisión de resultados á sociedade. E os nenos son un capítulo especial nesa vontade. O equipo -especialmente a unidade formada polo arqueólogo Antón Malde e a actriz e contacontos Soledad Felloza– ofrecen sesións de explicación do sitio arqueolóxico da Pena Furada aos nenos das comunidades próximas ao sitio arqueolóxico, explorando a mitoloxía, a arqueoloxía como ciencia, a memoria cultural e o patrimonio. A través da web podedes contactar con eles.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*