‘Rocha Forte’: a historia dun castelo maldito

rochaforteA historia, os acontecementos, espazos, personaxes e obxectos desta fortaleza que nos achega á historia de Santiago e de Galicia.

O castelo da Rocha foi residencia arcebispal, refuxio en tempos de guerra, punto de control comercial, bastión militar… A primeira referencia ao castelo de Rocha Forte é do ano 1253, pero é moi posible que a súa construción sexa anterior.

A fortaleza de Rocha Forte está a carón do Viaduto da Rocha. A partir dos resultados de varias intervencións arqueolóxicas, o Concello de Santiago elaborou un programa de actuacións encamiñadas a descubrir, estudar e restaurar o recinto intramuros da fortaleza e os sectores externos máis próximos: a antemuralla ou falsabraga e a zona de canalizacións hidráulicas. O obxectivo final da intervención foi o acondicionamento e posta en valor do castelo.

A través da web RochaForte.info podemos achegarnos á historia do castelo do xeito que prefiramos: explorar os mapas, coñecer os personaxes que influíron nela ou os obxectos atopados nas escavacións. Nos centros socioculturais de Santiago pode obterse unha guía ao respecto.

Como chegar
A fortaleza está a carón do Viaduto da Rocha. Para chegar a ela en coche, debes circular en dirección ao Milladoiro e tomar o desvío á Rocha Vella que hai xusto ao terminar a ponte.Unha vez collas a costa abaixo do desvío, diríxite pola primeira saída (rúa do Churruchao) até unha nova rotonda. Colle de novo a primeira saída (rúa de Serafín Zas) e logo diríxete á dereita pola rúa do Piñeiro para chegar ao castelo. 

Podes acceder a pé ao castelo seguindo o itinerario do Camiño Portugués (Camiño de Santiago) para chegar ao núcleo da Rocha Vella. Dende alí, segue a rúa de Serafín Zas (que une A Rocha Vella e A Rocha Nova) e segue pola rúa do Piñeiro ata o castelo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*