Museo do Mar: unidades didácticas

Recursos para a aula que pon de balde na rede esta institución con sede en Vigo.

Ten a capacidade de se camuflar mudando a cor e adaptándoa ao medio onde se atopa, para protexerse dos inimigos e capturar as súas presas… Ademais come cangrexos e outros peixes. Xa sabes de que falamos? E se che dicimos que vive entre as rochas e ten oito brazos con ventosas…? Si, falamos do polbo.

E seguro que cando te bañas, ves moitos bichiños nadando na auga, canda ti. Son os peixes, uns animais que só poden vivir nas augas do mar, como na das praias ou a dos peiraos onde están os barcos. Non esquezas que na praia e no mar tamén hai plantas!

Deste xeito, e adaptadas ao alumnado dos diferentes ciclos educativos, o Museo do Mar achega unha selección de unidades didácticas que poden ser descargadas gratuitamente no apartado educativo do seu sitio web.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*