O Portal das Palabras

Ferramenta para achegar o léxico á sociedade. Posta en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

Unha maior accesibilidade da tecnoloxía ou a ruptura das barreiras entre o usuario e o produtor de contidos, son algúns dos obxectivos citados durante a recente presentación do Portal das Palabras. Segundo os seus promotores, nace para promover a consideración social da lingua, facilitar a adquisición de coñecemento, modernizar a lexicografía galega e acadar a mellora persoal na calidade do idioma.

O Portal das palabras conta entre outras coas seguintes seccións:
-Un renovado dicionario da RAG que incorpora unha utilidade de sinónimos e antónimos, así como un sistema de busca avanzada
– Palabra do día, para coñecer o significado, etimoloxía e exemplos de uso dunha palabra que se presenta cada xornada
– Mira que din, un observatorio de tendencias
– Setestrelo, que agrupa as sete palabras máis destacadas dunha temática explicando o seu significado e a historia de cada palabra.
– Palabras asinadas, onde un académico ou académica escolle e comenta un termo da súa preferencia
-O mundo en palabras, nos que unha persoa convidada nos acompaña nun repaso léxico dun determinado ámbito temático.
-Actividades e exercicios de coñecemento e habilidade lingüística (Canto sabes, Dimo con letras, Apunta ben, A ver se das, Verdadeiro ou falso, Opa!, Só unha vale)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*