“Metaphase”: Un superheroe con síndrome de Down

metaphase-comic-downChip Reece, debuxante e pai dun neno con síndrome de Down, publica este cómic ao estilo dos clásicos da Marvel.

‘Metaphase’ remóntase ao nacemento de Oliver. Un bebé moi esperado polos seus pais, e que naceu coa síndrome de Down en 2010. Ademais, Oliver veu ao mundo con cardiopatías conxénitas que requiriron de tres cirurxías a corazón aberto, e máis de sete meses de hospitalización. Ao longo deste tempo a súa vida correu serio perigo en varios momentos.

Pero Oliver foi superando todos e cada un daqueles momentos. Precisamente a forza que demostrou naqueles críticos meses foi a faísca que serviu de inspiración a seu pai, Chip, un artista gráfico dedicado ao mundo do cómic. E así naceu ‘Metaphase’.

Trátase dunha novela gráfica protagonizada por Ollie, fillo dun destacado e famoso superheroe. Ollie, que ten síndrome de Down, persegue un soño: seguir os pasos de seu pai e converterse nun superheroe que loite polo ben da humanidade. De momento é só o prólogo, 14 páxinas, pero proximamente ampliarase a un número completo. Ademais, está previsto que próximamente sexa publicado tamén en formato papel.

Para ampliar, fonte: Meu Fillo Down

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*