Premio Ondas 2014 á mellor cobertura informativa para Ponte… nas Ondas!

ponte_nas_ondasGalardón á mellor cobertura informativa ao programa conducido este ano por Xurxo Souto.

Durante 20 anos, un grupo de escolares demostrou como desde a radio se poden tender pontes e construír un ecosistema común baseado no cultural, o patrimonio e as preocupacións comúns das rexións máis próximas de Galicia e Portugal. É unha radio feita por escolares dun e outro lado do río Miño. Un bo exemplo de colaboración, creatividade e impulso dos mellores valores que atesoura a radio e unha excelente canle para achegarlle aos máis novos a radio.

Deste xeito parabeniza o xurado dos Premios Ondas 2014 a longa traxectoria da Asociación Ponte… nas Ondas! á que de xeito concreto lle outorga este ano o seu Premio á Mellor Cobertura Informativa polo programa que nesta ocasión contou coa colaboración de Xurxo Souto.

Ponte…nas Ondas! chegou xustamente este ano á súa vixésima edición, como experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde 1995 grazas á cooperación entre escolas de Primaria e Secundaria de Galicia e do Norte de Portugal, coa participación de centros educativos dos dous países. Anualmente participan ducias de escolas galegas e portuguesas ás que en edicións recentes se lles uniron tamén centros de Arxentina, Cuba, Chile e Colombia.

 

Premios Ondas 2014: todos os premiados

http://www.premiosondas.com/premiados.php

Asociación Ponte…nas Ondas!

http://www.pontenasondas.org/

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*