E ti que vas facer polo medio ambiente este 5 de xuño?

“Se soubera que o mundo ten que acabar mañá, aínda así, plantaría unha árbore”. Esta fermosa frase, dita hai anos por Martin Luther King, Jr. é unha das que acostuma a recordarse neste tempo, á beira da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

onu-dia-ambiente-2016-2O Día Mundial do Medio Ambiente é unha das principais iniciativas das Nacións Unidas (ONU) para sensibilizar respecto do ambiente e impulsar a acción das persoas en prol dos ecosistemas. Son agora mesmo máis dun cento de países os que, dun xeito ou doutro, realizan actividades para conmemorar esta xornada, ben no mesmo día, 0 5 de xuño é a data escollida, ou nos días previos ou posteriores.

Dende a ONU téñense referido a esta xornada como o “día das persoas para facer algo positivo polo ambiente”, unindo accións individuais nunha gran forza colectiva que xere un impacto exponencial positivo para o planeta. Este é o día, un día máis, para facer “algo” pola Terra e converterse en axente de cambio. Ese “algo” podería ter que ver co entorno local, estatal ou internacional e pode ser unha acción individual ou involucrar á veciñanza ou a moitas máis persoas. Por exemplo, en 2015, a web da ONU adicada á xornada rexistrou un total de 2.861 actividades nas que participaron 1,26 millóns de persoas. Pero son aínda moitos máis eventos e persoas os que participan cada ano en propostas de todo tipo. En Galicia moitos colectivos organizan actividades estes días, pero e todos e todas podemos poñer tamén a nosa pequena faragulla nesta tarefa.

Por outro lado, cada ano a ONU tamén escolle un país anfitrión para aproveitar e poñer de relevo os desafíos ambientais desa área xeográfica en concreto e tratar de sensibilizar especialmente a poboación do país escollido. O país anfitrión en 2016 é Angola.

“Loita pola vida salvaxe”
En cada ocasión, a ONU elixe un tema para ese 5 de xuño centrar a atención sobre algún aspecto vencellado co medio ambiente. En 2016 o tema escollido foi o problema do comercio ilegal de especies silvestres, e o lema é “Loita pola vida salvaxe”.

O auxe do comercio ilegal de produtos da vida silvestre está erosionando a preciosa biodiversidade da Terra, roubándonos o noso patrimonio natural e levando a especies enteiras ao bordo da extinción. A matanza e o contrabando tamén están socavando as economías e os ecosistemas, impulsando o crime organizado e alimentando a corrupción e a inseguridade en todo o mundo.

Os delitos contra a natureza poñen en perigo aos icónicos elefantes, rinocerontes, tigres, gorilas e tartarugas mariñas. En 2011, unha subespecie do rinoceronte de Xava extinguiuse en Vietnam, mentres que os últimos rinocerontes negros occidentais desapareceron en Camerún ese mesmo ano. Os grandes simios desapareceron de Gambia, Burkina Faso, Benín e Togo, e outros países poderían ser engadidos a esta lista moi pronto. As vítimas menos coñecidas inclúen aos cálao de helmo e os pangolines, así como as orquídeas silvestres e as madeiras como o pau de rosa; as flores e a madeira tamén se consideran parte da vida silvestre!

Enormes esforzos por combater o tráfico ilícito – incluíndo políticas máis fortes, campañas de sensibilización e investimentos na conservación comunitaria e na aplicación da lei – tiveron algúns grandes éxitos. Con todo, moitas especies permanecen en situación de risco e necesitarase un esforzo dedicado e sostido de cada un de nós para cambiar este rumbo.
Máis información na web oficial da ONU para o Día Mundial do Medio Ambiente 2016

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*