NaturAlístate! VI promoción da Escola de Naturalistas!

Actividade organizada polo colectivo Hábitat para coñecer a biodiversidade galega.Actividade organizada polo colectivo Hábitat para coñecer a biodiversidade galega.

Se che gusta a natureza e tes ganas de aprender un pouco máis sobre ela, o Grupo Naturalista Hábitat convoca a “Escola de Naturalistas” , unha actividade organizada dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade galega.

Nela, ao longo dos diferentes bloques temáticos do curso impartidos por diversos expertos, afóndase de xeito teórico e práctico nas diferentes técnicas e áreas do naturalismo (botánica, ornitoloxía, mastozooloxía, entomoloxía, anelamento científico de aves, e moitas outras), consolidando así un programa que abrangue, en gran medida, os diferentes aspectos necesarios para un completo aprendizaxe no eido ambiental.

Os diferentes bloques formativos transcorrerán dende outubro do 2017 ata xuño de 2018. A inscrición pecha ás 14:00 horas do luns 16 de outubro. Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta as bases dispoñibles.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*