CEIP Coirón-Dena de Meaño, Torre-Illa da Illa de Arousa e Eduardo Pondal de Vigo e mais os IES Macías o Namorado de Padrón, Poeta Díaz Castro de Guitiriz e Santiago Basanta Silva de Vilalba.
Mira aquí todos as pezas premiadas:
CATEGORÍA INFANTIL E PRIMARIA
CEIP Coirón-Dena de Meaño pola peza “Quero un patio novo” (1º premio)
CEIP Torre-Illa da Illa de Arousa pola peza “Conversas en lata” (2º premio)
CEIP Eduardo Pondal de Vigo pola peza “Árbores no camiño” (mellor guión)
CATEGORÍA OUTROS NIVEIS
IES Macías o Namorado de Padrón, polo traballo “Verba”
IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz polo traballo “Algo pasa en Guitiriz”
IES Santiago Basanta Silva de Vilalba pola peza “O Rumor”
O xurado, integrado por Gregorio Ferreiro, Ángeles Huerta, Héctor Domínguez-Viguera, Manoli Maseda e Sara Casasnovas, decidiu concederlle unha mención especial ao traballo presentado polo IES de Arzúa.
Ata 74 centros enviaron propostas nesta oitava edición
Os galardóns, convocados polo Concello de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do XXI Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF, foron entregados na gala celebrada no Auditorio Municipal de Ourense. Nesta ocasión participaron 74 traballos elaborados por máis dun milleiro de escolares.
O OUFF Escola quere promover o cinema como ferramenta de dinamización lingüística entre a mocidade co obxectivo tamén de potenciar, xa dende a escola, a creatividade no noso idioma. A relación do galego co audiovisual nas aulas propicia que os escolares melloren a súa competencia lingüística ao expresárense nesta lingua en contextos e soportes variados, entre os que non pode faltar o audiovisual. De paso, contribúe a asociar o galego ás tecnoloxías e formas de comunicación máis innovadoras e interesantes para a mocidade, de xeito que o perciban tal como é: coma unha lingua moderna e útil para expresarse en calquera contexto, soporte e situación.