RedeCinema 2023

Ciclo de cine ao aire libre en galego que percorrerá 18 concellos rurais.

Calendario

  • 15/07/2023. Negreira. Praza do Concello. A Galiña Turuleca, ás 22:30 h
  • 24/07/2023. Laxe. O que arde. Praza dos Voluntarios, ás 22:30 h
  • 30/07/2023. Mondoñedo. A Galiña Turuleca. Praza da Catedral, ás 22:00 h
  • 05/08/2023. Forcarei. Eroski Paraíso. Explanada do Auditorio, ás 22:00 h
  • 6/08/2023. Lobios. Valentina. Praza Roxa, ás 22:00 h
  • 8/08/2023. A Laracha. Cuñados. Campo da Festa de Caión, ás 22:00 h
  • 9/08/2023. Sober. O que arde. Praza do Concello, ás 22:00 h
  • 10/08/2023. Ares. Cuñados. Praza da Constitución, ás 22:00 h
  • 12/08/2023. Barro. O que arde. Pazo da Crega, ás 22:00 h
  • 13/08/2023. Maside. Maimiño. Praza Maior, ás 22:00 h
  • 16/08/2023. Xove. O que arde. Praza do Centro Cívico, ás 22:00 h
  • 17/08/2023. Allariz. Valentina. Piscinas Municipais, ás 22:00 h
  • 24/08/2023. O Rosal. Cuñados. Praza das Novas, ás 22:00 h
  • 26/08/2023. Viana do Bolo. O que arde. Praza Maior do Concello, ás 22:00 h
  • 08/09/2023. Silleda. Valentina. Praza de San Juan Salgueiro, ás 22:00 h
  • 22/09/2023. Outeiro de Rei. A Galiña Turuleca. Praza da Vila, ás 22:00 h

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presentaron Redecinema, unha proposta de cine en galego ao aire libre coa que a Xunta de Galicia amplía a oferta de ocio para este verán dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023.

No acto, no que estiveron acompañados de Begoña Salgueiro, representante de Supernova, empresa encargada das proxeccións, o titular de Política Lingüística sinalou que é importante “achegarlle o cine en galego á xente e dunha maneira especial á xente nova, que se move moito máis no ámbito da cultura audiovisual; e tamén é importante que as propostas de ocio en galego estean na rúa, onde se vexan ben e onde todo o mundo poida gozar delas”.

Pola súa parte, o director de Industrias Culturais celebrou a oportunidade que esta programación supón para a difusión entre un público amplo do cinema producido en Galicia nun momento no que está a acadar a súa maior actividade, así como o valor da experiencia de gozalo en pantalla grande e dun xeito descentralizado xeograficamente.

Concellos participantes

Redecinema é un ciclo de proxeccións de filmes en galego en formato cinema de verán (ao exterior e con gran pantalla) que viaxará por 18 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística durante os meses de estío. Para chegar a todos os públicos, a compañía ofrece a cada concello a oportunidade de elixir entre os títulos do seu catálogo: Cuñados, Melancolía, A Galiña Turuleca, A illa das mentiras, Engurras, Eroski-paraíso, Jacinto e O que arde.

O primeiro pase será o sábado 15 de xullo na praza do Concello de Negreira, onde as persoas interesadas poderán achegarse ás 22,30 horas para gozar do filme de animación infantil e familiar A galiña Turuleca. Despois seguirá por Forcarei, Outeiro de Rei, Allariz, Ponteareas, Laxe, A Laracha, Ares, Xove, Sober, Lobios, Viana do Bolo, Maside, Barro, Silleda, O Rosal, Beariz e Mondoñedo. As datas, horas e lugares exactos poderán consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

Máis de 2.500 actividades culturais

Con esta nova proposta, o FalaRedes suma xa 73 accións de ocio en galego para repartir entre os concellos da rede durante os próximos meses. A XII edición deste programa de dinamización lingüística forma parte de CulturON, a iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que suma máis de 2.500 actividades culturais previstas para este verán en colaboración con distintos concellos e entidades.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*